A Marea Cidadá de Noia presentou no
rexistro do Concello e Noia dúas mocións para que sexan incluídas na orde do
día do pleno ordinario celebrará este xoves 3 marzo.
A primeira moción ten
que ver co estado lamentable do Punto de Atención Continuada (URXENCIAS) de
Noia, na mesma solicitamos á Xunta de Galicia que leve a cabo unha serie de
melloras e unha desratización do edificio.
A segunda moción ten
que ver co adecentamento, homologación e promoción das rutas de sendeirismo de
Noia como un elemento turístico e saudable de Noia.