A Marea solicítalle ao Concello que convoque unha xuntanza para analizar as
inversións no Porto de Noia.
A Marea Cidadá de Noia vén de
presentar unha moción que será debatida no pleno que se celebrará o xoves 1 de
outubro. Nela solicitase ao Concello de
Noia que convoque unha xuntanza informativa, con Portos de Galicia e con Costas
co obxectivo de que estes dous entes expliquen o contido dos proxectos que teñen previsto realizar en Noia e analizar
cal sería o papel que xogaría o Concello de Noia na posta en marcha dos
distintos proxectos.
A Marea propón que nestas
xuntanzas informativas participen tanto o Concello, como forzas políticas e
mesmo que sexa abertas a asociacións ou persoas a título individual que se
interesen polo proxecto.
O portavoz da Marea, Manolo
Seijas, asegura que “ é importante coñecer ben os proxectos e analizar o papel que
xoga o Concello nestas obras, de aí a que solicitemos que os técnicos nos
expliquen o alcance destes proxectos”
Dende a Marea inciden en que este
é o primeiro paso, para que tanto Concello como os distintos entes que teñen
competencias no estuario noiés tomen contacto. En palabras de Seijas “ a recuperación
do Porto de Noia é un dos principais obxectivos que nos fixamos dende a Marea e
vamos a traballar para que sexan unha realidade”.