Proxección do Documental “Fíos Fóra” para conmemorar o Día da Muller Traballadora.

A Marea Cidadá de Noia proxectará mañá martes ás 20:30 na Casa da Cultura o documental “Fíos Fóra” dirixido por Sabela Iglesias e Adriana Pérez.
O documental mostra unha serie de entrevistas que axudan a entender os engranaxes da industria téxtil.  Entre elas, costureiras que traballaron no sector durante varios anos, contan a súas experiencias persoais. Un documental acaído para conmemorar o Día da Muller Traballadora.
 “Por moi finos que sexan, detrás de tódolos fíos que nos rodean hai historias. As mulleres galegas que traballaron no sector téxtil dende os 60 foron a man de obra perfecta e cautiva para erguer unha industria xigante que agora se atopa deslocalizada. Este documental fai un novelo do sector téxtil aquí e fóra, antes e agora. A historia repítese nos fíos doutros lugares, nos nós deste sistema.”
Máis información do documental en www.fiosfora.gal

Ao remate as directoras, Sabela Iglesias e Adriana Pérez guiarán unha charla-coloquio sobre o documental.