A Marea de Noia organiza unha xornada
micolóxica.
O sábado 28 de Novembro a Marea Cidadá de Noia organiza una Xornada
Micolóxica.
A xornada comezará ás 10:30h na Casa
da Cultura “Antón Avilés de Taramancos” cunha charla informativa a cargo de
Xeromo Estévez Agrafoxo.
A primeira saída ao monte será ás
11:30h e a segunda ás 16:00h. Partirase nas dúas dende a Casa da Cultura e o
traslado ao monte será en coche particular.
Ao regreso do monte pola tarde irase
ao Clube de Xubilados na “Casa da Agra” para cociñar e degustar a colleita.