![]() |
PP e NO.I.A votan xuntos a moción do GRUMIR |
A Marea Cidadá de
Noia insiste en que o NO.I.A ten a oportunidade de definirse, se quere cambiar
o rumbo da súa acción política ou quere volver ao porto de onde partiu. Ten a
oportunidade de definirse se está pola transparencia, a participación, a
defensa dos sectores públicos e o acceso en pé de igualdade ao emprego público,
ou se quere seguir anelado no escurantismo e no caciquismo. Se esperaban que a
Marea de Noia non fose capaz de exercer a función de control sobre a liña que
marcou o 20 de decembro, equivocáronse. Que pactou PSOE e NO.I.A, programa ou
soldos?, cal é o problema real polo que se chega a esta situación? Que leva
feito o NO.I.A ao longo destes meses de goberno?
Aclaración sobre a postura da Marea Cidadá de Noia con relación a votación da moción sobre os traballadores do GRUMIR.
No pleno de onte o PP presentou por urxencia unha moción na que se insta ao concello a readmitar aos extraballadores do Grumir a causa dunha sentencia onde literalmente se esixe “readmisión ou indemnización”.
Antes de tomar unha decisión hai que coñecer as posibles consecuencias, tanto para a adminstración como para os propios traballadores xa que logo da readmisión en tres meses pódese convocar a praza e abrirse un proceso aberto estes traballadores se terían que presentar a unha oposición, perdendo así a indemnización a que teñen dereito e o posto de traballo ao que foron readmitidos.
Tendo en conta que os gobernos que pasaron polo Concello, nos que participaron BNG, PSOE, PP e NO.I.A., fixeron contratos en precario, non se tería dado esta situación de inseguridade laboral.
Pese a que os servizos xurídicos advertiron que o acordo non ía ser correcto porque o texto tiña erros de redación que anulan a moción de facto e que tampouco era competencia do pleno tomar esta decisión, o PP forzou a votación dos acordos no seu conxunto e saiu adiante co seu voto favorable e co do voceiro do N.O.I.A., José Pérez (Marisol Villar marchara do pleno anteriormente).
Dende a Marea insistimos para que se aprazase a moción ata o pleno ordinario e que cada partido debatese a súa postura unha vez analizado o proceso. Votamos en contra porque temos que dar o debate no seo da nosa asamblea manexando a información precisa e tratando mocións que non sexan nulas de pleno dereito. E seguimos defendendo que os principios para acceder ao emprego público son “o mérito, a igualdade e a capacidade”