As tres mocións presentadas pola Marea
Cidadá de Noia foron aprobadas na sesión plenaria do pasado xoves.

A segunda moción
presentada pola Marea Cidadá de Noia, co obxectivo de levar a cabo unha serie
de xuntanzas con Portos de Galicia e con Costas do Estado para obter información
sobre os distintos proxectos que estes dous entes teñen previsto realizar en
Noia (http://www.mareadenoia.com/2015/09/xuntanza-con-porto-de-galicia-e-costas.html)
este punto foi aprobado por unanimidade. Cabe destacar que o portavoz da Marea
chamou a unidade das distintas forzas políticas “ debemos deixar de lado o
acontecido no pasado para agora estar unidos e conseguir que se realicen inversión
en Noia” . Seijas salientou que é moi
importante coñecer os proxectos para ver que papel xoga o Concello de Noia na
súa execución.
Por último a
Marea Cidadá de Noia presentou unha moción de urxencia para mostrar o apoio a
familia de Andrea na loita por unha morte digna e sen dor para a súa filla.
Neste caso o Partido Popular, que primeiro anunciou a abstención, decidiu en extremis
votar a favor. Na intervención Seijas deixou claro que “non vimos a debater nada, vimos a darlle o apoio desta corporación
a uns veciños que están loitando para que a súa filla non sufra máis” foi un
momento moi emotivo.
O goberno tamén
presentou neste sentido dúas mocións, por un lado solicitou instar a Mancomunidade Serra do Barbanza a recesión
do contrato a empresa de recollida do lixo, dende a Marea anunciamos que a
Mancomunidade xa estaba realizando este proceso e polo tanto que nos parecía ridículo
ou un brindes ao sol aprobar unha moción deste tipo, polo que consideramos que
o prioritario era que a corporación dese forza aos representantes de Noia na
mancomunidade para que defendan os
intereses dos noieses, e lle esixan a aceleración deste expediente e se
solucione dunha vez o problema do lixo.
Outra das
mocións que se presentou foi a inclusión de Noia na Área Metropolitana de
Santiago, neste caso a Marea apoiou esta proposta, aínda que engadiu a creación Plan de
Transporte Público, mellorando as liñas locais que conectan Noia coas Parroquias
para que haxa información sobre as liñas de autobús e para que estas pasen polo
Casa do Mar e polo Concello.
A Marea tamén
votou a favor das propostas do Partido Popular que foron dúas:
-
Obras en Santa Cristina: Buscar
ubicación a un local social e adecentar a parcela recreativa.
-
Mellora do Local Social do Obre: neste
punto a Marea recordou que é importante que se dinamicen os locais sociais con
actividades como obradoiros de memoria, manualidades… para que estes locais
sexan o punto de encontro entre a veciñanza.
Subiremos ao
longo destes días os rogos e preguntas que realizamos no pleno.