A Marea solicita a bonificación do IBI para as persoas con dificultades económicas

A Marea proporá no Pleno Municipal de novembro a creación dun sistema de axudas para familias con escasos recursos que compense a carga económica que lles supón o pagamento do IBI para aquelas persoas “ que lle costa chegar a fin de mes”.

Segundo Manolo Seijas, “ a crise segue estando presente en Noia, xerando e perpetuando graves situación de desprotección económica e inxustiza social” Esta proposta ten como obxectivo principal “ bonificar o pago do IBI mediante unha axuda do propio Concello, xa que a exención non o permite a lei”.
Seijas afirmou “ En Noia segue habendo moitas familias que non chegan a fin de mes e é responsabilidade do Concello axudar a esas persoas que contan con múltiples gastos, tanto educativos,como  sanitarios e mesmo  subministración enerxética nas súas vivendas” ao que hai que suma “ contratos en precario, que non permiten ingresos suficientes para afrontar estes gastos obrigatorios”

A Marea de Noia presenta esta medida baixo unha fórmula de convocatoria de axudas, ante as limitacións que impiden a excepción do IBI. Propoñen un gasto orientativo entorno aos 15.000 con cargo ao Presuposto do 2016 que serían obxecto de estudo polo persoal xurídico do Concello.  Barallan que estas axudas se dirixan a persoas maiores con pensións non contributivas, parados de longa duración o usen prestación e familias en situación de risco de exclusión social.