O
xoves 3 de Setembro tivo lugar o pleno ordinario do mes. Dos 17 membros da
corporación compareceron 15, non asistiron Marisol Villar do grupo NOIA e a
membro do BNG, Irati García. A orde do día era escasa e baleira de contidos,
polo que o grupo popular e a Marea Cidadá de Noia presentaron cada un unha moción
de urxencia e un gran número de rogos e preguntas.
O
primeiro punto da orde do día consistía na aprobación das actas do 6 de agosto
e do 19 de agosto. A segunda foi aprobada por unanimidade e a primeira quedou
pendente de aprobación aprazada ao próximo pleno por petición do voceiro do PP.
Santiago Freire solicitou a inclusión na acta de dous comentarios do voceiro do
grupo de goberno no pleno do día 6, no tocante á moción presentada ese día polo
PP, na que Lage Túñas calificaba a mesma con expresións coma “un brindis ao
sol” e “carta aos Reis Magos.”
A
dación de conta das resolución da 806/2015 á 1700/2015 e a dación de conta das
actas da Xunta de Goberno Local transcurriron sen incidencias ao igual que a
proposta do Concello de Noia de nomeamento de representante na Dirección Xeral
do Catastro, que tivo o voto favorable de toda a corporación.
O PP
presentou unha moción de urxencia sobre a tramitación do Plan Xeral de
Ordenación Municipal aprobada a súa urxencia por unanimidade, xustificada por
non cumprirse o compromiso por parte do goberno local de convocar a comisión
especial de seguimento no mes de Agosto. Os acordos que tiveron o apoio de
todos os grupos presentes foron:
1.
Inmediata convocatoria da comisión especial de
seguimento do PXOM nas vindeiras datas.
2.
Posta a disposición e entrega aos distintos
Grupos Municipais do documento completo para a súa análise detallada
3.
Comunicación aos afectados das alegacións
admitidas e rexeitadas, total ou parcialmente.
4.
Exposición pública do documento actual á
cidadanía e interesados.
O
voceiro da Marea Cidadá, Manolo Seijas, expresou o total apoio do grupo á
moción, xa que ademais era un rogo que se ía a facer no quinto punto da orde do
día, e sinalou que a entrega do documento se puxera a diposición dos grupos
antes da convocatoria da comisión para poder estudalos con tempo suficiente
para analizarlo.
A
urxencia da moción presentada pola Marea Cidadá de Noia sobre a acollida de
refuxiadas e refuxiados na vila de Noia foi aprobada por unanimidade. A crise
humanitaria que se está a vivir xustifica a urxencia da moción por sí soa. O
acordo proposto pola Marea Cidadá de Noia
consiste en poñer a disposición do Ministerio de Asuntos Exteriores as
instalacións públicas, na medida do posible, para o acollemento de persoas
refuxiadas. Manolo Seijas explicou que se cada Concello acolle a 10 refuxiadas
e refuxiados poderíase multiplicar por dez a cota establecida
pola Xunta de Galicia. A moción foi aprobada por unanimidade e aceptouse facer
a moción como unha declaración institucional do Concello deNoia.
O
turno de rogos e preguntas caracterizouse por un debate constante e soporífero
entre o grupò popular e o grupo de goberno, con saídas de tono e sen respetar
os turno por ámbolos dous grupos. Así mesmo, as preguntas que se prantexaron
polos grupos presentes da oposición non foron contestadas de maneira
aclaratoria. O voceiro socialista adicouse a soltar parrafadas para evitar
centrarse nas cuestións plantexadas. A Marea Cidadá de Noia repetirá nos plenos
as preguntas as veces que sexan necesarias para obter respostas clarificadoras.
Antes
do remate do Pleno, Manolo Seijas rogou ao Alcalde que se abrira un turno de
preguntas ao público asistente, xa que no anterior pleno ordinario non se
fixera, sinalando a importancia deste exercicio de democracia para que a
cidadanía lle poida plantexar as súas
inquedanzas ao Goberno.