A Marea Cidadá de Noia solicita a inclusión de Noia no Servizo de Hospitalización Domiciliaria.

A Marea presentou unha moción para que sexa apoiada polo resto de forzas políticas.

¿ Que é o servizo HADO?
A unidade de hospitalización Domiciliaría é unha formula alternativa á hospitalización
clásica que permite tratamentos e coidados de rango hospitalario no domicilio dos
pacientes. Esta unidade asistencial ocúpase de:
 Control de sintomatoloxía clínica de pacientes con tratamento con quimioterapia
e/ou radioterapia.
 Controis de toxicidade terapéutica
 Tratamento da dor.
 Tratamento e control de procesos incurrintes relacionados ou non cos diferentes tratamentos oncolóxicos.
 Transfusións de hematies e plaquetas.
 Soporte nutricional artificial.
 Coidados paliativos oncolóxicos.

A concelleira da Marea Cidadá de Noelia Estévez vén de afirmar que “Noia na actualidade esta en terra de ninguén, xa que o Hospital da Barbanza e o de Santiago atópanse a máis de 25km de lonxitude, distancia máxima na que se presta este servizo”

Dende a Marea recalcan que a equidade debe ser un dos eixos da Sanidade Pública e non entenden como as veciñas e veciños de Noia non contan con esta prestación.

Aseguran que “ é responsabilidade da corporación municipal, velar para que a cidadanía de Noia teña os mesmos dereitos e se atope en pé de igualdade no eido da sanidade fronte a outros concellos da contorna” polo que” hai que instar á Consellería de Sanidade que tome as medidas necesarias para que a quilometraxe non sexa o baremo establecido para prestar o servizo de hospitalización domiciliaria, dando prioridade á situación clínica do paciente”

Recalcan en que se debe dar prioridade ao estado clínico do paciente e non ao quilometraxe.