A moción presentada polo grupo
municipal do BNG foi apoioada por todos os membros, logo de enmendar os dous
puntos da mesma e engadir a Marea outro punto aos acordoss. A moción pedía que
se seguirá na liña de da programación festiva dos últimos anos, incluíndo na
programación actuacións de estilos diversos e dando certo protagonismo a bandas
galegas e da localidade e solicitaba que o
![]() |
Un dos eixos de campaña foi a transparencia na xestión |
Concello non establecera ningunha
relación contractual con representantes artísticos intermediarios investigados
por irregularidade tributaria. Manolo Seijas, sinalou a imposibilidade de
cumplir este segundo precepto pola ilegalidade do mesmo, e propuxo a
convocatoria da Comisión de Economía e Facenda para a revisión das propostas de
gasto e facturación de todos os puntos da programación da Festa de San
Bartolomeu.
A Moción do Grupo popular para a
ampliación e dotación de beirarrúas ao tramo viario comprendido entre Argote e
Ponte de San Francisco, estivo caracterizado por unha discusión incesante entre
o PP e o PSOE sobre as prioridades que debe ter o Concello. A moción proponía
que o concello se comprometerá a habilitar a partida presupostaria para a
dotación do proxecto ou incluílas nalgún dos plans anuais destinados aos
concello no ano 2015 e foi aprobada coa abstención dos membros da Marea Cidadá
de Noia, aínda que o PSOE a pesares de que votou a favor, deixou constancia da
inviabilidade do proxecto dende o punto de vista do grupo de Goberno. A Marea abstivose xa que considera que a
única partida onde se pode prever esta obra é no orzamento do ano 2016.
PRIMEIRA MEDIDA DE TRANSPARENCIA.
A moción
da Marea Cidadá de Noia foi aprobada por unanimidade. A Moción de transparencia
das contas públicas e tivo gran acollida e foi apoiada por todos os grupos. O goberno
comprometeuse a que o portal de transparencia se activaría na maior brevidade
posible. Debido a este acordó plenario @s veciñ@s de Noia terán a oportunidade
de consultar en que se gastan os seus cartos.