Propoñen crear tres prazas de
aparcamento para persoas con mobilidade reducida e unha ordinaria
A Marea Cidadá de Noia presentará
unha solicitude no rexistro do Concello de Noia para que se elimine a zona de
aparcamento de coches oficiais, situada fronte ao consistorio municipal.
Consideran que a igualdade debe de ser a bandeira pola que se debe rexer a
xestión municipal. Actualmente son os concelleiros delegados de goberno os que
fan uso deste aparcadoiro. Dende a Marea consideran un privilexio esta cuestión
con respecto a xente do común que sofre diariamente a falta de aparcamento no
centro da vila noiesa.
Argumenta que “non é preciso
manter estas prazas habilitadas, xa que a Policía Local xa dispón dun
aparcadoiro reservado na nova comisaría e o coche oficial do Concello xa dispón
de praza reservada en outro punto do Concello.”
Propoñen que esta zona se adique
nun 75% a aparcamento para persoas con mobilidade reducida, xa que en palabras
da concelleira Noelia Estévez “consideramos as prazas habilitadas para persoas
con mobilidade reducida insuficientes, non dan cobertura ao edificio do
Concello, entidades bancarias e comercios que se atopan nesta zona”
O
portavoz, Manolo Seijas incidiu en que
“solicitaremos este tipo de medidas, que por moi pouco significativas
que sexan, rompen cos tradicionais privilexios cos que gozaba a clase política ”.