Arranxo dos vestiarios do Estadio de San Lázaro e do Polideportivo Alonso Rodríguez

A Marea Cidadá de Noia solicita o arranxo inmediato e urxente dos vestiarios do Estadio Municipal de San Lázaro e do Polideportivo Alonso Rodríguez.

Vestiario Estadio Municipal de San Lázaro
O portavoz da Marea, Manolo Seijas calificou como indignante o estado dos vestiarios destas dúas instalación deportivas. Seijas asegurou que “ máis de trescentos nenos e nenas comezarán en setembro as escolas deportivas e os vestiarios non poden estar nestas condicións” Dende a Marea consideran que “ Temos que buscarlle unha solución rápida e efectiva, non podemos xogar coa seguridade de ninguén”
Hoxe mesmo a Marea Cidadá de Noia remitirá a Concellería de Deportes unha serie de medidas nas que destacan.
1. Arranxo do teito e portas do Pavillón Alonso Rodríguez.
2. Estudo sobre a estabilidade dos vestiarios situados baixo a grada do Estadio Municipal de San Lázaro e adecentamento se procede.
3. Adecentamento dos outros dous vestiarios.


Dende o grupo de deportes da Marea, consideran que o mantemento das instalación deportivas é moi importante para ofrecer unhas escolas deportivas de calidade, é función da administración local realizar o seu mantemento.

Polideportivo Alonso Rodríguez