Por un proceso de funcionarización onde prime o mérito, a capacidade e a igualdade

O 27/03 publicouse o seguinte anuncio:

Rafael García Guerrero, alcalde do Concello de Noia, con data de 27 de marzo de 2015, no procedemento do concurso-oposición restrinxido para acceso á condición de funcionario do persoal laboral do Concello de Noia ditou a seguinte resolución:

Asunto: Data fase de oposición
Por acordo de pleno do 28/11/2014 levouse a cabo aprobación da modificación da Relación de Postos de Traballo (BOP. Núm. 234 do 05/12/2014) para funcionarizar os seguntes postos, dacordo coas características que figuran no anexo I a esta Resolución:
· Xefe de xestión tributaria
· Técnico en cultura A1
· Axente de desenvolvemento local
· Economista Axente de desenvolvemento local
· Técnico en cultura A2
· Arquitecto técnico (2)
· Administrativo
· Auxiliar administrativo (4)

No pleno do día 30/03 aprobouse por unanimidade dos grupos que conforman a corporación a xestión directa da piscina municipal, así como a subrogación do persoal da instalación.


Sabendo que existe xurisprudencia ao respecto que da a razón a persoal de servizos privados que pasan a públicos, entendemos que as administracións públicas deben defender ao máximo os principios de acceso á función pública recollidos na Constitución que son aqueles que falan de “igualdade, capacidade e mérito”.

Tamén entendemos que os servizos públicos teñen que ser intachables e a calidade dos mesmos a máxima, de xeito que o control exercido debe ser exquisito. Por iso, mostramos o noso rexeitamento cara calquera “porta xiratoria” ou trato de favor que se poida ter tanto con individuos como con colectivos. Os procesos deben ser abertos e libres a toda a cidadanía, sendo os únicos límites aqueles que marca a propia tarefa a desenvolver

Dende a Marea Cidadá de Noia traballamos na búsqueda dun concello o máis transparente posible. Por iso solicitamos aos grupos de goberno que actúen da forma correcta e as prazas sexan ofertadas nun proceso aberto a todos os cidadáns

O compromiso da Marea de Noia é que todos os procesos de contratación de persoal ou empresarais que se financen con cartos publicos se realice de xeito transparente e baixo os principios da igualdade, da capacidade e do mérito.