Unha vez rematado o prazo de presentación de candidaturas para encabezar a
lista que a Marea Cidadá de Noia vai a presentar as eleccións do 24 de Maio,
son dúas persoas as que mostraron interese por encabezar este proxecto.
Na Asemblea celebrada este sábado no edificio do antiguo matadoiro estas
dúas persoas xa mostraron o seu interese en encabezar a candidatura da Marea
Cidadá de Noia.
O candidato Manolo Seijas asegurou que " preséntome coa firme
convicción de que nos tempos que corren a mocidade non pode agardar a tomar as
riendas no futuro, temos que estar no presente e ser parte da solución aos graves problemas que nos asolan".
Indicou que logo de consultar con diferentes compañeiros e saber do seu apoio e
o seu ánimo, decidiu dar o paso para tratar de encabezar a candidatura da Marea
de Noia.
Por outro lado a candidata Patricia Piñeiro, asegurou que está moi
ilusionada con este proxecto aberto e transparente no que calquera veciño e
veciña pode participar activamente na política.
Dende a Marea Cidadá de Noia, queremos agradecer a estas dúas persoas o seu
interese e a súa valentía para querer encabezar este proxecto que quere mudar a
política a nivel local . Seguimos destacando dende a Marea que a elección de
candidato é un paso que tíñamos que dar, pero que nós non creemos en proxectos
personalistas, a nosa forza e a nosa
riqueza é o conxunto das persoas que conforman a Marea de Noia e que mediante
os gupos de traballo e as asembleas abertas están a traballar no programa
electoral.
A votación será ao o vindeiro domingo 22 de febreiro de 17:00 a 18:30 no
salón de plenos do Concello de Noia.
Paralelamente ao proceso de primarias, unha vez constituídos os distintos
grupos de traballo, a Marea Cidadá de
Noia comezará as reunións con diferentes colectivos e comezará a visitar as
parroquias para coñecer os problemas dos veciños e recoller propostas para
elaborar o seu programa electoral o mellor posible.